Técnica vocal para cantantes

O obxectivo destas clases é dotar ao alumno de numerosos recursos para que experimente as sensacións que lle van  servir para encontrar a súa voz: PARA ENCONTRAR A VERDADEIRA E PROPIA VOZ, que a técnica debe resaltar e embelecer. Non se trata de facer cantantes en serie co mesmo tipo de son nin  utilizar o mesmo procedemento con todo o mundo, costume tan en boga. Non se trata de fabricar cantantes imitadores de cantantes.

Datas: Todo o ano
Alumnos: 12
Profesor: Asociación Lírica de Galicia (A Coruña)

Facebooktwitterlinkedinmail