Taller de Automaquillaxe Básico para Concertos e Espectáculos

Neste curso imos aprender a maquillarnos dunha forma natural, escoller os tons e cores que máis nos favorezan, saber onde e como aplicar cada produto, como resaltar os nosos rasgos, …saber que produtos elixir en cada momento segundo o tipo de espectáculo e iluminación para non ter que estar sempre dependendo de maquilladores profesionais aos que moitas veces non temos acceso e ademais ir retocando a nosa maquillaxe ao longo do espectáculo para estar sempre radiantes ante o público.

Tentaremos aprender a conseguir unha maquillaxe impecable que se poida usar en cada tipo de escenario e mesmo segundo o personaxe que se interprete.  A maquillaxe ben feita aporta harmonía nas faccións: ensanchando, estreitando, alongando ou acortando segundo o equilibrio que se requira.

Moitos grandes cantantes incorporan a automaquillaxe ao “ritual sagrado” dos momentos previos á saída ao escenario. Algúns falan simplemente sobre a tranquilidade que lles aporta, outros apuntan ,en cambio, canto lles axuda á creación do personaxe.

Fecha: Septiembre
Profesor: Asociación Lírica de Galicia (A Coruña)

Facebooktwitterlinkedinmail