Curso: "Expresión profunda de sentimentos e emocións na voz e aspectos terapéuticos da mesma"

Platón dicía que a música é a rehabilitación da alma. A música ten a capacidade de conectar coas nosas emocións para poder traballar con elas. Así a música vainos servir para establecer relacións e crear experiencias que nos permitan canalizar a tristeza, a alegría, o enfado, a esperanza, a rabia, o medo…  Tamén vainos permitir volver a vivir experiencias pasadas cargadas de contido emocional. A música nos acompaña,  fálanos, e fainos sentir e, ademais,  vainos levar a unha nova actitude máis favorable para a saúde. Está demostrado cientificamente que o noso corpo é capaz de discernir entre os sons beneficiosos e os prexudiciais e responder a eles así que podemos e debemos  utilizalos para alcanzar o benestar.

Datas: agosto
Alumnos: 8
Horas: 12
Profesor: Asociación Lírica de Galicia (A Coruña)

Facebooktwitterlinkedinmail