Aula de Canto (Formación e Difusión Cultural)

O principio da educación vocal  baséase no logro dunha técnica cuxo primeiro obxectivo estriba no coidado e preservación da voz buscando, máis que non danala, un desenvolvemento saudable que repercuta na totalidade da persoa.

Sentada esta base, alicerce absoluto, dirixímonos a logros máis concretamente artísticos e musicais.

Ofrecemos unha formación vocal completa para toda persoa que sinta espertar esa inquietude, a calquera idade en que puidera ocorrer, coas únicas limitacións que a súa vocación, aptitudes ou estado físico puideran establecer.

Enfocamos o estudio ao obxectivo de interpretar o antes posible música vocal, paralelamente a exercicios máis específicos (vocalizacións, respiración…), abordándoa como parte básica da formación e traballando sobre “material real” os problemas técnicos a medida que xurdan, adecuados ao nivel individual de cada alumno.

Imos así desenvolvendo un “cantor” desde unha óptica integral e non cunha visión parcelada (vogais, consoantes, respiración, axilidade….) na nosa opinión desmotivante e árida.

Gustaríanos que as clases espertasen unha inquietude por facer música, máis que afeccionados-espectadores o que, en moitos casos, poderá conducir ao desexo da práctica de conxunto e a posibilidade de levar ao escenario, con dignidade, o canto que cada quen vaia descubrindo e desarrollando.

Aula de canto_Asociación Lírica de Galicia

Facebooktwitterlinkedinmail