Talleres de Recuperación e Apoio Escolar

Taller de Reforzo Escolar: O “Efecto Mozart” e os beneficios de estudar con Música…

Método eficaz e sistemático para aprender a estudiar.

Hai moitos estudio  realizados con respecto aos beneficios da música clásica para estimular a atención – concentración nos estudantes, de calquera idade. Nenos e adultos reforzaron a hipótese dos beneficios da música clásica para a realización de calquera actividade que precise un rato de concentración.

Cando dicimos  “escoitar música clásica”, referímonos

Taller Musicoterapia

principalmente á maioría das obras do repertorio dos séculos XVII, XVIII y XIX. Como exemplo, podemos propoñer a música de Beethoven, Mozart, Haëndel, Tchaikovsky, Liszt, Schubert… entre moitos outros. Un dos aspectos máis importantes a ter en conta é que a música que se utilice, debe ser do agrado do público.

Sen embargo os beneficios da música para o estudio non se cinguen a estudar oíndo música. Tamén comprobamos que axuda a mellorar os resultados académicos o estudio dun instrumento musical ou escoitar música anque non necesariamente nas horas de estudio.

Cando Einstein aínda era un rapaz dixeron del: “Como mellorou no estudio desde que estudia violín”!

 A expresión “Efecto Mozart” refírese aos presuntos efectos a nivel cognitivo que produce escoitar as melodías de W. A. Mozart.

A influencia da música de W. A. Mozart no cerebro segundo algúns investigadores radica na súa regularidade rítmica e formal. O presunto efecto Mozart tamén se utiliza para designar os efectos da música sobre o comportamento humano, indistintamente do seu xénero.

 A música sinfónica e instrumental  utilízase en salas de hospitais, ante intervencións cirúrxicas, en fábricas, en bibliotecas, e noutros ambientes, buscando segundo os casos, a relaxación, a concentración, a memorización, a creatividade, a análise. Todo isto que fai a música débese ás ppm (pulsacións por minuto) que ten en especial a música de Mozart, xa que cambian o estado do cerebro e o fan máis receptivo.

O que pretende este Taller é que , o/a alumno/a aprenda a estudiar de forma eficaz, logrando as competencias de Aprender a Aprender e de Autonomía e Iniciativa persoal. Cremos que é un aspecto clave e moi importante para o logro de bos resultados académicos.

Comezará cunha sesión conxunta de pais e fillos nos que se darán unha pautas xerais sobre Técnicas de Estudio e , en entrevista posterior  con cada familia estableceranse protocolos de atención individualizada para cada caso. Abordarase nese momento a posibilidade de que o alumno/a participe tamén nalgún Taller de Música complementario (piano, violín, canto)

 Temas de interese común abordados na 1ª sesión conxunta

O lugar de estudio, planificación e motivación para estudiar.

Requisitos para poder estudiar adecuadamente.

Atención e elaboración do horario.

Tipos de lectura e as lecturas máis relacionadas co estudio (prelectura e lectura comprensiva), velocidade lectora, comprensión lectora e aumento do vocabulario.

Subraiado,  Esquema, Resumen e Memoria,

Reglas  mnemotécnicas que nos axudan a memorizar, consellos para repasar, como afrontar e preparar os exames, técnicas de relaxación e síntese.

Tipos de escritura. Corrección de disgrafías. Ortografía e Ortofonía.

A partir dese momento, e unha vez feitos os programas individuais traballarase de maneira individual o en pequenos grupos cos alumnos/as inscritos no programa.

Dada a gran carga lectiva e horaria dos alumnos trataremos de que a maior parte das sesións de traballo coincidan en sábado, festivos e vacacións, deixando os dias lectivos ordinarios para control do traballo individual ou necesidades inmediatas dos alumnos.

Facebooktwitterlinkedinmail