Taller de Verán: Preparándonos para entrar na ESO

Neste Taller os alumnos e alumnas que pasan de Primaria a Secundaria vanse afacendo ao novo ritmo de traballo e esixencia persoal que conleva a entrada no Instituto. Pasan de estar tutelados diariamente polo mesmo profesor a ter que enfrontarse a 9 ou 10 profesores diferentes, con cambios continuos de aula, unha titoría semanal e traballo a esgalla de cada profesor. A maior parte dos alumnos non saben a que van a enfrontarse e chegan totalmente descolocados o que lles impide render nas diferentes materias. Así, simulando no Taller unha clase de Instituto imos ensinándolles como afrontar a nova etapa sen que sufran angustia e desconcerto, ao mesmo tempo que repasamos as asignaturas fundamentais para que cheguen cunha boa base: lectura comprensiva, escritura creativa, matemáticas e lingua galega.

Datas: xullo e agosto
Profesor: Asociación Lírica de Galicia (A Coruña)

Facebooktwitterlinkedinmail