Compromiso e Valores

Para nos o importante é a aprendizaxe e diversión aprendendo.

Dende a Asociación Lírica de Galicia perseguimos a participación cidadá no ámbito da música tanto na vertente formativa (cursos) coma na difusión da música, en especial a Lírica, o Teatro Lírico, a Musicoterapia e a práctica de diferentes instrumentos.

Estamos involucrados ao 100% nas actividades culturais da poboación en xeral, tanto mocidade coma as mulleres e maiores en particular grazas a participación activa dos nosos talleres ou pasiva como invitados nos Concertos e Galas Líricas que organizamos.

Traballamos obras galegas de musical que pola súa calidade deberían formar parte do repertorio habitual dos circuítos musicais. Hai algunhas obras pendentes de estrea de extraordinaria calidade e outras inxustamente relegadas ao esquecemento. Ocorre o mesmo co xénero da canción galega de concerto, que integramos no repertorio vocal habitual.

A Asociación colabora regularmente con Centros Sociais ou asistenciais no ámbito da difusión cultural ofrecendo concertos solidarios nas datas que estes nos solicitan. O presente ano temos xa realizado un con motivo das festas do Entroido no Centro de día Novoboandanza do Concello de A Coruña e outro apalabrado no mesmo centro para as festas de Nadal

As nosas actividades realízanse ao longo de todo o ano para o beneficio do ensino-aprendizaxe.

 

A Presencia  desvélase cando aceptas que a maior bendición é o que sucede”