A Asociación

O dominio da técnica dá a liberdade absoluta para a expresión e a creación.

A Asociación Lírica de Galicia foi fundada no 2005, como resposta á  inquietude do Mestre de Canto Fernando Balboa e a súa colaboradora Pilar Cabrera que motivaron e implicaron  a un grupo de alumnos, cantantes e afeccionados á Música Culta.

A  idea de crear unha Asociación destas características, comezou no año 2001, cando Fernando Balboa e Pilar Cabrera crearon a Aula de Canto da Asociación Pedagóxica e Cultural Gamelán e empezaron a impartir clases de canto de alto nivel a un pequeno grupo de cantantes, de ampla traxectoria xa no ambiente coral de Galicia, que desexaban perfeccionar a súa técnica solística e introducirse na Técnica do Bel Canto que  o Mestre Fernando Balboa traía a súa Galicia natal facendo unha paréntese na súa actividade profesional como cantante lírico para transmitir os seus coñecementos do “Canto Grande” ás xoves promesas galegas que non podían ou non querían ter que desprazarse fóra da súa Comunidade para formarse.

Tras  catro anos de intenso traballo e contando xa cun elenco importante de solistas dáse o paso definitivo: pechar a Aula de Canto e formar unha nova Asociación que se dedicará por completo ao Canto Lírico.

Co paso do tempo a Asociación vai diversificando as súas metas e engade fins e actividades para potenciar, fomentar e difundir a Arte, a Educación, a Solidariedade e a Cultura en xeral (e a galega en particular) en todos os seus aspectos e expresións a través de actividades para a cidadanía.

Así engade aos fins que tiña no momento da súa creación outros tales como:

  • Contribuír á educación e promoción integral dos nenos e das nenas, empregando a música, axudando a mellorar as condicións da vida infantil e xuvenil mediante desenvolvemento de actividades culturais nos momentos de ocio e tempo libre educativo para nenos/as e rapaces e rapazas.
  • Combater e previr a exclusión social, prestando servizos culturais e de acción social a menores, xoves e adolescentes en risco de exclusión por motivos de fracaso escolar, falta de capacitación profesional, o que proveñan dun entorno social ou familiar deteriorado, ou vítimas de situacións de abandono ou maltrato físico ou psíquico, minorías étnicas, emigrantes e inmigrantes e/ou cantas outras formas de exclusión social e marxinación poidan presentarse.
  • Cooperar no desenvolvemento e mellora da Educación e a Cultura en todas as súas manifestacións e aspectos favorecendo a renovación dos medios tradicionais de planificar, comunicar e organizar programas culturais, así como de xerar novas ideas que activen os procesos de creación cultural e a súa difusión.

Promover e impulsar o voluntariado, fomentando o compromiso persoal e a participación social, favorecendo o compromiso social, o altruísmo, a responsabilidade e participación.

Talleres artísticos, onde se desenvolverán actividades variadas relacionadas coas artes: O canto, a música, o teatro, o cine, a creación literaria, a fotografía, etc. Para procurar a formación integral de artistas líricos capaces de afrontar diferentes especialidades vocais en concertos, recitais e música escénica.

Entra na sección para coñecer máis.

Cursos e Talleres de formación non regrada, xornadas e charlas informativas e divulgativas e Talleres de apoio escolar adaptando os aspectos metodolóxicos ás características do alumnado, cun carácter flexible, tendo en conta a realidade individual. (uso da música e/ou seus elementos (“Efecto Mozart”).

Entra na sección para coñecer máis.

SECCIÓN CULTURAL

Sección Enseñanza

Promover e realizar actividades de tipo socio-cultural, artístico e educativo, que contribúan á formación, desenvolvemento e progreso da personalidade, así como á satisfacción de afecciones formativas. Talleres para desenvolver a dimensión afectiva, a autoestima para mellorar a súa integración social e cultural.

Entra na sección para coñecer máis.